Milpa: sistema agrícola tradicional conformado por un policultivo.
ES / EN
LLÁMANOS
+34 663 110 657
ESCRÍBENOS
info@amilpadosalnes.com
02 Oct 2020 / Campo Galego, Xornal Digital Agrario
Amigos da Terra promove novas iniciativas agroecolóxicas co seu proxecto de cultivo biointensivo, organizando duas xornadas de formación en Meaño ( Pontevedra) e Tronceda ( Ourense)
A ONG Amigos da Terra esta levando a cabo un proxecto de cultivo biointensivo para promover técnicas agroecolóxicas que contribúen á loita fronte á crise climática en diferentes territorios. O proxecto, que conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade, desenvólvese en Galicia, Aragón, as Illas Baleares e a Comunidade de Madrid.
No caso de Galicia, este domingo 4 de outubro, no concello de Meaño, (Pontevedra) e o domingo 11 de outubro en Tronceda (Ourense) terán lugar duas xornadas de formación especifica do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”. Os cursos, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de mañá e tarde, no Museo da Muller Labrega, en Meaño, Pontevedra.
Ademais do intercambio de experiencias entre as participantes, traballarase na planificación da horta de inverno-primavera e a realización práctica de extracción de diferentes tipos de sementes. Como noutros encontros formativos, tamén haberá tempo para intercambiar sementes e visitar algunhas hortas de referencia do proxecto nas respectivas comarcas.
A formación será impartida por Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e mestre nivel básico do método biointensivo, ademáis de labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.
Compartir:
¿Tienes una tienda o restaurante y quieres incorporar nuestros productos?
¿Quieres producir alimentos de manera ecológica y sustentable?
Valle del Salnés